Autor: Jesús Amieiro
-
Que falen as pandeireteiras!
Ana Fernández é mestra de baile e música tradicional, especializada en pandeireta e outras percusións de man.
No vídeo «Que falen as pandeireteiras!», aborda o significado dun Día das Letras Galegas centrado nas cantareiras, a recollida de coplas, a relación coa lingua e os camiños de modernidade arredor das tocadoras.
-
Os galegos non temos que coñecer o idioma propio
O artigo 1.2 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG escaneado), orixinalmente indicaba que:
O galego é a lingua propia de Galicia.
Tódolos galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo.O presidente do goberno español nese momento, Felipe González, promoveu a presentación dun recurso de inconstitucionalidade (678/1983), que deu lugar á sentenza 84/1986 do Tribunal Constitucional no que:
declara a inconstitucionalidade do inciso «o deber de coñecelo» do apartado segundo do art. 1 da Lei 3/1983 do Parlamento de Galicia.
Grazas a esta sentenza, e a moitos outros feitos históricos, o galego sigue nunha posición de inferioridade respecto ao español.
Hoxe pareceríame un soño que o PPdG propuxera unha norma con este parágrafo, sendo presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor.
-
Tipografías galegas
Neste artigo recompilo algunhas das fontes galegas máis coñecidas, para que non teñas que andar buscándoas se as necesitas, como me pasou a min.
Galicia Diario 1922

A tipografía Galicia Diario 1922 baséase no deseño de Castelao para o xornal nacionalista Galicia, Diario de Vigo (1922-1926). Deseñada por Alberto Varela Ferreiro, é de inspiración medieval e modernista. As súas formas reflicten a intención política e cultural de reivindicar as raíces galegas. Descrición da fonte en inglés.
Gallaecia

A tipografía Gallaecia, deseñada por Alberto Varela Ferreiro, está inspirada nas inscricións do dintel do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. De estilo medieval, reflicte a riqueza histórica e cultural galega, sendo ideal para proxectos que busquen evocar a tradición e a identidade de Galicia.
Comic Arousa

A Comic Arousa é unha tipografía de estilo informal e creativo deseñada por Rubén Prol a través de Ipanema Gráfica. Publicada en 2007, destaca pola súa versatilidade e é completamente gratuíta. Ideal para proxectos desenfadados, conta con 143 glifos e licenza Creative Commons.
Uralita

A tipografía Uralita, creada por Rubén Prol, está inspirada en inscricións antigas e presenta un estilo decorativo e sinuoso. É ideal para proxectos que busquen evocar un carácter histórico ou artístico, destacando pola súa elegancia e personalidade única.
Galllaecia Castelo

Esta fonte non fun capaz de atopala para a súa descarga nunha web de fontes. Descargueina dende Mediafire e de Gallaecia Fulget.
Gallaecia Forte

Gallaecia Forte, desenvolvida por David Calviño, é unha adaptación a estilo pixel da tipografía Gallaecia Castelo deseñada por Carlos Nuñez. É unha tipografía AllCaps con licencia gratuita para usos tanto personais como comerciais.
A letra do Reino

A letra do Reino é unha tipografía medieval galega que se creou a partir de fontes que se empregaron en manuscritos e representacións pétreas e pictóricas da Idade Media en Galicia.
Ligazóns útiles:
- https://rubenprol.gal
- https://www.dafont.com/es/ipanema-grafica.d910
- https://www.1001freefonts.com/es/designer-alberto-varela-ferreiro-fontlisting.php
- https://xanostesaqui.blogspot.com/2019/08/descargar-fontes-galegas.html
- https://www.flickr.com/photos/kruzul/4820833730
- https://www.mediafire.com/download/lmt9dzdydnm/Tipograf%C3%ADas+galegasGalician+fonts.zip
- https://galicia.diletante.net/eng.php?extra
- https://galicia.diletante.net/arquivos/fontes_galegas.zip
-
55 mentiras sobre a lingua galega
Un libro onde atoparás unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma.
Prolingua publicouno en PDF en liña, polo que o que aquí deixo é só unha copia de material público.




