O fuciño do porco é unha pequena e fermosa ruta de sendeirismo situada na entrada da ría de Viveiro, no Concello do Vicedo, no norte de Lugo. Ten algo menos de 5 km desde o aparcamento e 2 km desde o punto de control de acceso.
(máis…)Autor: Jesús Amieiro
-
Andaina Andaguláns 25km 2022
O domingo 20 de marzo de 2022 participei, con 2 amigos, na andaina da parroquia de Guláns, en Ponteareas (Pontevedra), Andaguláns, de 25 km de duración.
(máis…) -
Ruta polo Monte Aloia. Muíños do río Tripes e castro do alto dos Cubos
Ruta circular sinxela, duns 6,5 km, no parque natural do Monte Aloia, preto da fronteira con Portugal. Adecuada para toda a familia, para facer con nenos e con persoas maiores.
A continuación podes ver unha galería das fotografías que saquei nesa ruta.
(máis…) -
Os pobos do encoro de Lindoso, ao descuberto
Aceredo, no encoro de Lindoso O pasado 6 de marzo de 2022 estivemos, de casualidade, visitando os restos do encoro de Lindoso, concretemente a aldea de Aceredo.
105 familias tiveron que emigrar desta aldea cando o encoro asolagou esta zona no ano 1992. Provocoume unha tremenda tristura estar nesta aldea, onde moita xente tivo que deixar todo o que coñeceu durante a súa vida, así como a historia das súas familias, por mor dun dubidoso progreso.
A continuación podes ver unha galería das fotografías que saquei nesa visita.
-
Listas de música en galego
Os que defendemos a lingua do país sabemos que cada vez nos resulta máis complicado escoitar música no noso idioma en medios como a radio, onde nin a Radio Galega Música se centra na nosa música. O fomento da nosa lingua por parte dos medios públicos está sendo lamentable nos últimos anos.
(máis…) -
A historia da primeira normativa oficial do galego
No 1.982 aprobouse a primeira normativa oficial do galego, que establecía a mesma ortografía que o español. Nos anos previos houbo outra liña de traballo, a reintegracionista, que buscaba achegarse ao portugués, idioma co que o galego mantén unha historia conxunta, pero que non callou.
(máis…) -
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
Coñecín a figura de Domingo Fontán a través da reportaxe «O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia» de Nós Televisión.
Domingo Fontán foi un home ilustrado e polifacético (político, empresario, xeógrafo,…) que, durante 17 anos, recorreu Galicia para cartografala, dando lugar ao primeiro mapa completo do noso país, a Carta xeométrica de Galicia, que foi a primeira obra cartográfica realizada en España con criterios científicos.
(máis…)