O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia

Coñecín a figura de Domingo Fontán a través da reportaxe «O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia» de Nós Televisión.

Domingo Fontán foi un home ilustrado e polifacético (político, empresario, xeógrafo,…) que, durante 17 anos, recorreu Galicia para cartografala, dando lugar ao primeiro mapa completo do noso país, a Carta xeométrica de Galicia, que foi a primeira obra cartográfica realizada en España con criterios científicos.

Aspirando tan só a ser útil a Galicia, consagrei a este obxecto os meus aforros, a miña saúde e as miñas tarefas científicas por máis de ducia e media de anos, logrando resultados que saberá apreciar a posteridade cando se sometan a censura pública a Carta Xeográfica deste antigo reino e as operacións que lle serviron de base

Domingo Fontán

Un home que debería ser moito máis coñecido do que é, xa que traza a base do país para poder modernizalo.

No seguinte vídeo podes coñecer un pouco máis da súa historia e desta magnífica obra cartográfica.

E se che pareceu interesante, recoméndoche o libro «Fontán», onde contan a historia da súa vida.

Se queres comprar un facsimilar da Carta xeométrica de Galicia, podes facelo na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *