Os que defendemos a lingua do país sabemos que cada vez nos resulta máis complicado escoitar música no noso idioma en medios como a radio, onde nin a Radio Galega Música se centra na nosa música. O fomento da nosa lingua por parte dos medios públicos está sendo lamentable nos últimos anos.
Así e todo, existe xente que recompila música en listas, en varias plataformas, fundamentalmente Spotify. A continuación déixovos unhas cantas ligazóns para que sempre as poidades ter a man.
Que ides atopar: pois música de todo tipo, variada, como é a música galega, desde a música tradicional ata rock, pasando por xéneros como o hip-hop. Espero que as gocedes.
- Dáme Galicia (miña).
 - Música en galego (Orgullo galego).
 - Panxoliñas de nadal en galego (Orgullo galego).
 - Música infantil en galego (Orgullo galego).
 - Mulleres na música galega (Orgullo galego).
 - As verbas da rúa. Hip-hop en galego.
 - CantáMOLA en galego.
 - Música tradicional galega.
 - En galego.
 - Muiñeiras.
 - Rock en galego.
 
No futuro irei actualizando estas ligazóns a medida que atope máis.
Deixa unha resposta