Listas de música en galego

Os que defendemos a lingua do país sabemos que cada vez nos resulta máis complicado escoitar música no noso idioma en medios como a radio, onde nin a Radio Galega Música se centra na nosa música. O fomento da nosa lingua por parte dos medios públicos está sendo lamentable nos últimos anos.

Así e todo, existe xente que recompila música en listas, en varias plataformas, fundamentalmente Spotify. A continuación déixovos unhas cantas ligazóns para que sempre as poidades ter a man.

Que ides atopar: pois música de todo tipo, variada, como é a música galega, desde a música tradicional ata rock, pasando por xéneros como o hip-hop. Espero que as gocedes.

No futuro irei actualizando estas ligazóns a medida que atope máis.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *