O pasado 6 de marzo de 2022 estivemos, de casualidade, visitando os restos do encoro de Lindoso, concretemente a aldea de Aceredo.
105 familias tiveron que emigrar desta aldea cando o encoro asolagou esta zona no ano 1992. Provocoume unha tremenda tristura estar nesta aldea, onde moita xente tivo que deixar todo o que coñeceu durante a súa vida, así como a historia das súas familias, por mor dun dubidoso progreso.
A continuación podes ver unha galería das fotografías que saquei nesa visita.